martes, 7 de mayo de 2024

Detectives da mobilidade

 Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de educación primaria convertéronse nuns detectives moi especiais. Realizaron os percorridos propostos para o noso Camiño Escolar Seguro para comprobar o seu estado. Descubriron e tomaron nota dalgunhas deficiencias nos mesmos para posteriormente trasladarlas ao concello de Sada. Arranxo das beirarrúas, pintado dos paso de peóns, mellorar a accesibilidade, colocar sinales de tráfico, etc.

Nos blogues dos distintos cursos podedes ver todas as imaxes da actividade





jueves, 18 de abril de 2024

Tea de arañas máxicas

 Aquí temos dous vídeos que pretenden concienciar sobre a importancia da seguridade viaria.

O primeiro busca potenciar o Camiño Escolar Seguro fronte aos medios de transporte contaminantes.


O segundo é un vídeo presentación dunha campaña da Dirección Xeral de Tráfico sobre a necesidade de coidar dun mesmo e dos demais.






miércoles, 20 de marzo de 2024

Resultado enquisas familias

 A análise das enquisas que as familias cubriron recollen os seguintes aspectos destacados:

  • A forma principal de mobilidade do alumnado corresponde á opción de ir camiñando ao colexio.
  • Os desprazamentos realízanse acompañados dunha persoa adulta cunha maioría significativa.
  • Observase unha relación entre a idade do alumnado e a distancia a percorrer coa probabilidade de desprazarse andando ao colexio de forma autónoma.

Relación entre o tempo de desprazamento e o medio de transporte utilizado:



Borrador de percorridos propostos para o Camiño Escolar Seguro do centro.

A partir do análise das enquisas solicítase ás familias que cubran o seguinte cuestionario


viernes, 12 de enero de 2024

Enquisas familias

Para coñecer os hábitos de mobilidade das familias do alumnado do noso centro o Proxecto A.N.C.A.S. realiza unha enquisas orientadas a poder establecer os distintos percorridos do Camiño Escolar Seguro.
Na maior brevidade posible deberán ser devoltas cubertas ao centro.
Clica na imaxe para ver a enquisa


jueves, 11 de enero de 2024

Talleres de mobilidade sostible

Da man de Davinia e Guille, ténicos de Stop Accidentes, no día de hoxe todo o alumnado de educación primaria e de 6º de educación infantil participou nuns talleres de mobilidade sostible e segura.

Neles compartimos as nosas experiencias, sentimentos e desexos respecto ao reto de movernos con autonomía de camiño ao cole.

Os nenos e nenas levaron unha enquisa para encher en casa, en colaboración familiar, sobre os hábitos e punstos de risco no camiño desde as súas casas ata o noso colexio.


Aquí podedes ver unha curtametraxe sobre a importancia da solidariedade na mobilidade segura.



domingo, 7 de enero de 2024

PROXECTO A.N.C.A.S

Durante este curso  2023  2024 o noso centro porá en marcha,  xunto co Concello de Sada (dentro do Plan de Mobilidade Sostible) e a asociación Stop Accidentes, o proxecto Camiño Escolar Seguro A.N.C.A.S., Agora imos andando ao cole!.

A.N.C.A.S. é un proxecto socioeducativo que se desenvolve en Educación Primaria. Nel traballamos valores sociais e viarios para xerar hábitos saudables que permitan á comunidade escolar un desprazamento seguro no camiño ao colexio.

O camiño escolar é un proxecto de cidade, que realizamos en colaboración co Concello  de Sada, que financia o seu desenvolvemento,  e toda a comunidade escolar, que busca mellorar a mobilidade urbana, recuperar a cidade como un espazo de convivencia e, ao mesmo tempo, permite contribuír a que as contornas escolares sexan espazos seguros, sostibles e inclusivos.

Esta iniciativa propón ao alumnado vir andando ao cole, acompañado por outros nenos/as e cun adulto de referencia (pai/nai voluntaria), logrando así un banco de tempo que favoreza a conciliación familiar e permita aos nenos/as gozar do percorrido en compañía das compañeiras/os do cole.

Estade preparados e preparadas xa que en moi pouco comezamos!




Detectives da mobilidade

 Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de educación primaria convertéronse nuns detectives moi especiais. Realizaron os percorridos propostos para...