domingo, 7 de enero de 2024

PROXECTO A.N.C.A.S

Durante este curso  2023  2024 o noso centro porá en marcha,  xunto co Concello de Sada (dentro do Plan de Mobilidade Sostible) e a asociación Stop Accidentes, o proxecto Camiño Escolar Seguro A.N.C.A.S., Agora imos andando ao cole!.

A.N.C.A.S. é un proxecto socioeducativo que se desenvolve en Educación Primaria. Nel traballamos valores sociais e viarios para xerar hábitos saudables que permitan á comunidade escolar un desprazamento seguro no camiño ao colexio.

O camiño escolar é un proxecto de cidade, que realizamos en colaboración co Concello  de Sada, que financia o seu desenvolvemento,  e toda a comunidade escolar, que busca mellorar a mobilidade urbana, recuperar a cidade como un espazo de convivencia e, ao mesmo tempo, permite contribuír a que as contornas escolares sexan espazos seguros, sostibles e inclusivos.

Esta iniciativa propón ao alumnado vir andando ao cole, acompañado por outros nenos/as e cun adulto de referencia (pai/nai voluntaria), logrando así un banco de tempo que favoreza a conciliación familiar e permita aos nenos/as gozar do percorrido en compañía das compañeiras/os do cole.

Estade preparados e preparadas xa que en moi pouco comezamos!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Detectives da mobilidade

 Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de educación primaria convertéronse nuns detectives moi especiais. Realizaron os percorridos propostos para...