jueves, 11 de enero de 2024

Talleres de mobilidade sostible

Da man de Davinia e Guille, ténicos de Stop Accidentes, no día de hoxe todo o alumnado de educación primaria e de 6º de educación infantil participou nuns talleres de mobilidade sostible e segura.

Neles compartimos as nosas experiencias, sentimentos e desexos respecto ao reto de movernos con autonomía de camiño ao cole.

Os nenos e nenas levaron unha enquisa para encher en casa, en colaboración familiar, sobre os hábitos e punstos de risco no camiño desde as súas casas ata o noso colexio.


Aquí podedes ver unha curtametraxe sobre a importancia da solidariedade na mobilidade segura.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguridade vial para nenos e nenas

 A seguridade vial ten multiples factores e cuestión importantes a ter en conta. Aquí tedes un pequeno vídeo no que podemos aprender un pouc...