- “Taller de peón e pasaxeiro” para 1º, 3º e 5º, afondando cada vez máis nestes aspectos dependendo do curso.
- “Taller de bicicleta, pasaxeiro de autobús e código PAS” para 2º, 4º e 6º. Nestes cursos repasaremos os conceptos máis básicos de peón e pasaxeiro (uso do cinto de seguridade), e afondaremos no tema da bicicleta (elementos de seguridade, como circular, algúns sinais…), como subir e baixar do autobús, e o código PAS.
lunes, 23 de febrero de 2026
Talleres de mobilidade sostible e segura
No día de hoxe tiveron lugar uns talleres impartidos por técnicos de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña para promover a creación de novos hábitos relacionados con cambios nos desprazamentos cara a modelos máis seguros, activos e sostibles tanto como peóns, ciclistas ou usuarios dos diferentes medios de transporte.
jueves, 12 de febrero de 2026
Entrega dos brazaletes
Hoxe realizamos a entrega dos primeiros brazaletes do noso Camiño Escolar Seguro aos nenos e nenas de 4º de educación primaria que están inscritos nel. Ao ser reflectantes aumentan a visibilidade de peóns, ciclistas e deportistas en condicións de pouca luz ou durante a noite. A súa función é reflectir a luz dos faros dos vehículos cara ao condutor, alertándoo da presenza dunha persoa a unha distancia moito maior.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
APARCADOIRO DE BICICLETAS E PATÍNS
Xa comezaron as obras para a realización do noso aparcadoiro de bicicletas e patíns. Ao longo do verán acondicionarase este espazo para que...
-
Aprende o significadoo das cores do semáforo, os sinais de tráfico, cando cruzar a estrada e moito máis sobre educación viaira da man de Poc...
-
Comezamos un novo curso no que seguiremos tentando potenciar o noso Camiño Escolar Seguro para promover unha mobilidade sostible e segura. R...
-
A seguridade vial ten multiples factores e cuestión importantes a ter en conta. Aquí tedes un pequeno vídeo no que podemos aprender un pouc...













