miércoles, 4 de diciembre de 2024

Formulario inscrición Camiño Escolar Seguro

Unha vez rematado todo o proceso de preparación das rutas do Camiño Escolar Seguro do noso centro: establecemento das rutas, puntos de encontro e sinalización dos mesmos, inicamos o proceso de inscrición para as familias.

Na páxina de Stop Accidentes está dispoñible o formulario para anotarse, facendo clic aquí podedes acceder ao mesmo.

Unha vez inscrito desde Stop Accidentes contactarán convosco e encárganse de coordinar a participación no roteiro. Despois desde A.N.C.A.S. fanche chegar o brazalete reflector e a chapa que identifica os participantes.

No caso dos grupos é preciso cubrir unha autorización de recollida específica do Camiño Escolar Seguro que se poderá recoller na conserxería do centro a partir da vindeira semana.

O alumnado que acuda ao centro camiñando e estea dado de alto no Camiño Escolar Seguro poderá acceder ao mesmo desde as 08:55 horas:
  • 3º, 5º e 6º de EP: directamente ás súas aulas.
  • Educación infantil, 1º, 2º e 4º de Educación primaria ao ximansio. 
O comezo do Camiño Escolar Seguro está previsto para a primeira semana do segundo trimestre deste curso, á volta das vacacións de Nadal. Previamente informarase ás familias.

Aquí están dispoñibles as rutas e o ANCAS minuto do cole



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Formulario inscrición Camiño Escolar Seguro

Unha vez rematado todo o proceso de preparación das rutas do Camiño Escolar Seguro do noso centro: establecemento das rutas, puntos de encon...