viernes, 12 de enero de 2024
Enquisas familias
jueves, 11 de enero de 2024
Talleres de mobilidade sostible
Da man de Davinia e Guille, ténicos de Stop Accidentes, no día de hoxe todo o alumnado de educación primaria e de 6º de educación infantil participou nuns talleres de mobilidade sostible e segura.
Neles compartimos as nosas experiencias, sentimentos e desexos respecto ao reto de movernos con autonomía de camiño ao cole.
Os nenos e nenas levaron unha enquisa para encher en casa, en colaboración familiar, sobre os hábitos e punstos de risco no camiño desde as súas casas ata o noso colexio.
domingo, 7 de enero de 2024
PROXECTO A.N.C.A.S
Durante este curso 2023 2024 o noso centro porá en marcha, xunto co Concello de Sada (dentro do Plan de Mobilidade Sostible) e a asociación Stop Accidentes, o proxecto Camiño Escolar Seguro A.N.C.A.S., Agora imos andando ao cole!.
A.N.C.A.S. é un proxecto socioeducativo que se desenvolve en Educación Primaria. Nel traballamos valores sociais e viarios para xerar hábitos saudables que permitan á comunidade escolar un desprazamento seguro no camiño ao colexio.
O camiño escolar é un proxecto de cidade, que realizamos en colaboración co Concello de Sada, que financia o seu desenvolvemento, e toda a comunidade escolar, que busca mellorar a mobilidade urbana, recuperar a cidade como un espazo de convivencia e, ao mesmo tempo, permite contribuír a que as contornas escolares sexan espazos seguros, sostibles e inclusivos.
Esta iniciativa propón ao alumnado vir andando ao cole, acompañado por outros nenos/as e cun adulto de referencia (pai/nai voluntaria), logrando así un banco de tempo que favoreza a conciliación familiar e permita aos nenos/as gozar do percorrido en compañía das compañeiras/os do cole.
Estade preparados e preparadas xa que en moi pouco comezamos!
Coidamos o medio ambiente
Todos e todas temos a obriga de coidar o noso planete e vir camiñando ao cole contribúe a facelo. Os nenos e nenas de 3º de educación primar...

-
Os nenos e nenas de 4º A queren animarnos a vir ao cole andando para, entre outras razóns, gozar da nosa fermosa vila e a súa paisaxe.
-
Durante este curso 2023 2024 o noso centro porá en marcha, xunto co Concello de Sada (dentro do Plan de Mobilidade Sostible) e a asociaci...
-
Os nenos e nenas de 2º de educación primaria lémbrannos que ademais de coidar o medio ambiente se acudimos ao colexio camiñando tamén facemo...