jueves, 13 de febrero de 2025

Comezo do Camiño Escolar Seguro

No día de hoxe comezou a posta en marcha do Camiño Escolar Seguro no noso colexio.  As familias que se inscribiron achegáronse ao centro polas distintas rutas establecidas.

Con esta iniciativo tentamos promover a seguridade e a mobilidade segura dos nosos nenos e nenas no seu camiño cara ao colexio A seguridade viaria nas contornas escolares é unha tarefa conxunta que implica a diferentes axentes, pero a implicación de toda a Comunidade Educativa é clave para lograr a mellora da seguridade e mobilidade escolar.


A participación no Camiño Escolar Seguro (CES) pode ser
:  

  • A nivel individual: un pai/nai que acude ao centro camiñando co seu fillo/a ou fillos/as como fai habitualmente.
  • Alumnado de 5º e 6º de educación primaria que acude só ao centro con autorización.
  • Creando un grupo: varias familias deciden organizarse para levar/recoller aos nenos/as ao colexio. Neste caso é preciso cubrir unha autorización de recollida específica do Camiño Escolar Seguro que está dispoñible na conserxería do centro e neste blog.
O alumnado que acuda ao centro camiñando e estea dado de alto no CES, individualmente ou en grupo, poderá acceder ao mesmo pola porta principal desde as 08:55 horas (non soará a música):
  • Alumnado de 3º, 5º e 6º de educación primaria directamente ás súas aulas.
  • Alumnado de educación infantil, 1º, 2º e 4º EP ao ximnasio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Coidamos o medio ambiente

Todos e todas temos a obriga de coidar o noso planete e vir camiñando ao cole contribúe a facelo. Os nenos e nenas de 3º de educación primar...