Hoxe o alumnado de 5º e 6º de educación infantil, 1º e 2º de educación primaria participou nuns talleres con técnicos de Stop Accidentes para coñecer un pouco máis da posta en marcha do Camiño Escolar Seguro na nosa escola. Os participantes no mesmo recibiron os materias por estar inscritos nel.
martes, 18 de febrero de 2025
jueves, 13 de febrero de 2025
Comezo do Camiño Escolar Seguro
No día de hoxe comezou a posta en marcha do Camiño Escolar Seguro no noso colexio. As familias que se inscribiron achegáronse ao centro polas distintas rutas establecidas.
Con esta iniciativo tentamos promover a seguridade e a mobilidade segura dos nosos nenos e nenas no seu camiño cara ao colexio A seguridade viaria nas contornas escolares é unha tarefa conxunta que implica a diferentes axentes, pero a implicación de toda a Comunidade Educativa é clave para lograr a mellora da seguridade e mobilidade escolar.
- A nivel individual: un pai/nai que acude ao centro camiñando co seu fillo/a ou fillos/as como fai habitualmente.
- Alumnado de 5º e 6º de educación primaria que acude só ao centro con autorización.
- Creando un grupo: varias familias deciden organizarse para levar/recoller aos nenos/as ao colexio. Neste caso é preciso cubrir unha autorización de recollida específica do Camiño Escolar Seguro que está dispoñible na conserxería do centro e neste blog.
martes, 11 de febrero de 2025
Goza de Sada e a súa paisaxe
Os nenos e nenas de 4º A queren animarnos a vir ao cole andando para, entre outras razóns, gozar da nosa fermosa vila e a súa paisaxe.
viernes, 7 de febrero de 2025
Talleres Stop Accidentes
Circuíto de Educación Vial
O alumnado de 3º ciclo de educación primaria realizou no día de hoxe un circuíto de educación vial no que experimentaron en primeira persoa ...
-
Os nenos e nenas de 4º A queren animarnos a vir ao cole andando para, entre outras razóns, gozar da nosa fermosa vila e a súa paisaxe.
-
Os nenos e nenas de 2º de educación primaria lémbrannos que ademais de coidar o medio ambiente se acudimos ao colexio camiñando tamén facemo...
-
Dentro da participación do noso centro no Plan Proxecta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na modal...