Unha vez rematado todo o proceso de preparación das rutas do Camiño Escolar Seguro do noso centro: establecemento das rutas, puntos de encontro e sinalización dos mesmos, inicamos o proceso de inscrición para as familias.
Na páxina de Stop Accidentes está dispoñible o formulario para anotarse, facendo clic aquí podedes acceder ao mesmo.
Unha vez inscrito desde Stop Accidentes contactarán convosco e encárganse de coordinar a participación no roteiro. Despois desde A.N.C.A.S. fanche chegar o brazalete reflector e a chapa que identifica os participantes.No caso dos grupos é preciso cubrir unha autorización de recollida específica do Camiño Escolar Seguro que se poderá recoller na conserxería do centro a partir da vindeira semana.
O alumnado que acuda ao centro camiñando e estea dado de alto no Camiño Escolar Seguro poderá acceder ao mesmo desde as 08:55 horas:
- 3º, 5º e 6º de EP: directamente ás súas aulas.
- Educación infantil, 1º, 2º e 4º de Educación primaria ao ximansio.
Aquí están dispoñibles as rutas e o ANCAS minuto do cole