jueves, 11 de junio de 2026

A SEGURIDADE VIAL: VÍDEO PARA NENOS E NENAS

 Agora que esta a piques de rematar o curso compartimos este vídeo que pode servir para lembrar algunhas das cousas vistas durante este ano e que tamén pode servir de punto de partida para o seguinte.



martes, 26 de mayo de 2026

Talleres de Educación Vial

O alumnado de 3º ciclo de educación primaria realizou no día de hoxe uns talleres prácticos de educación vial nas pistas polideportivas do Paseo Marítimo de Sada. 

Baixo a supervisión  de técnicos da Dirección Xeral de Tráfico de A Coruña experimentaron todo o que implica desprazarse polas vías públicas, tanto como conductores/as como de peóns.




Máis fotos e vídeos nos blogs das aulas

miércoles, 29 de abril de 2026

Plan Director de Convivencia: Educación Vial

Dentro das actividades programadas pola Comisión de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, hoxe o alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria participou dentro do Plan Director de Convivencia nunha charla sobre Educación Vial.





jueves, 23 de abril de 2026

Taller de habilidades en bicicleta

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria participou no día de hoxe nuns obradoiros de habilidades en bicicleta nas pistas polideportivas do Paseo Marítimo de Sada para aprender os conceptos básicos para andar en bicicleta a través de xercicios básicos. A actividade estivo dirixida por un técnico de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.

Fotos 3º EP


Fotos 4º EP

martes, 17 de marzo de 2026

Visibilidade nos nosos desprazamentos

Cando desprazámonos como peóns polas rúas é moi importante estar visibles para os diferentes vehículos que podemos atoparnos. Os nosos brazaletes do Camiño Escolar Seguro axúdannos a logralo.








lunes, 9 de marzo de 2026

Talleres con Stop Accidentes

O alumnado de educación primaria participou nuns talleres  sobre educación vial da man de Guillermo e e Ángela, técnicos da Asociación Stop Accidentes https://stopaccidentes.org/

Esta iniciativa está enmarcada na posta en marcha do Camiño Escolar Seguro no noso centro, coa que pretendemos desenvolver un proxecto relacionado con cambios nos hábitos de desprazamentos cara a modelos máis seguros, activos e sostibles. 




lunes, 2 de marzo de 2026

Thisty 30

Thirty é un personaxe animado coa forma do corazón das Cidades30, coa que levar a seguridade viaria aos alumnos de Educación Primaria. Este recurso dixital da  Dirección Xeral de Tráfico plasma, dunha maneira animada, as condutas viarias correctas e incorrectas nos desprazamentos que fai un neno, xa sexa como peón, como usuario de bicicleta ou patinete, como pasaxeiro de vehículo privado ou transporte público…

Despois do talleres de educación vial que realizamos no centro incorporamos a Thisty para fomentar os hábitos de mobilidade sostible e segura.

Clica na imaxe para acceder ao contido web



APARCADOIRO DE BICICLETAS E PATÍNS

 Xa comezaron as obras para a realización do noso aparcadoiro de bicicletas e patíns. Ao longo do verán acondicionarase este espazo para que...