O uso da bicicleta ten unha serie de beneficios entre os que se atopan a mellora da saúde física e mental, reducindo o sedentarismo e o risco de padecer certas enfermidades. Reduce a conxestión e o estrés que se produce polo tráfico. Reduce ruídos, as emisións de CO2 e contribúe ao aforro enerxético. Compartimos convosco a segunda entrega de vídeos relacionados co uso da bicicleta.
jueves, 11 de diciembre de 2025
martes, 2 de diciembre de 2025
Mobilidade en bicicleta I
Desprazarse en bicicleta é unha forma eficiente, económica e ecolóxica de transporte que ofrece grandes beneficios para a saúde física e mental, permitiendo evitar atascos e conectar máis coa nosa vila, Facelo require dunha bicicleta adecuada, equipamento de seguridade e coñecer as normas viarias para acadar unha mobilidade sostible e segura. Aquí tedes a primeira entrega dunha serie de vídeos que seguro que serán de gran axuda.
miércoles, 19 de noviembre de 2025
Seguridade vial para nenos e nenas
A seguridade vial ten multiples factores e cuestión importantes a ter en conta. Aquí tedes un pequeno vídeo no que podemos aprender un pouco máis sobre ela.
miércoles, 5 de noviembre de 2025
Programa Innova-Lab: Sosti-Lab
O Programa Innova-Lab convocado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa ten como finalidade promover que os centros leven a cabo actuacións para desenvolver proxectos de innovación educativa. O noso centro que solicitou a participación na modalidade Sosti-Lab, que no noso caso xirará principalmente arredor do desenvolvemento do Camiño Escolar Seguro, foi un dos seleccionados
lunes, 27 de octubre de 2025
Plan Proxecta
lunes, 20 de octubre de 2025
Novos materiais para o Camiño Escolar
Para este curso 2025 2026 temos novos materiais para os participantes no Camiño Escolar. Elaboramos brazaletas e bolsas fluorescentes que nos axuden a identificarnos cando estamos pola rúa. Unha vez que se remate coa súa fabricación e impresión procederemos ao seu reparto entre aqueles nenos e nenas que teñan unha participación asidua no Camiño Escolar.
lunes, 6 de octubre de 2025
A.N.C.A.S. minuto
Aquí tedes os distintos itinerarios propostos para acceder camiñando ao colexio. Os puntos de encontro están sinalizados no chan. Algúns deles precisan de reposición, polo desgaste ou por ruturas, proximamente procederemos á súa substitución.
APARCADOIRO DE BICICLETAS E PATÍNS
Xa comezaron as obras para a realización do noso aparcadoiro de bicicletas e patíns. Ao longo do verán acondicionarase este espazo para que...
-
Aprende o significadoo das cores do semáforo, os sinais de tráfico, cando cruzar a estrada e moito máis sobre educación viaira da man de Poc...
-
Poder compartir tempo cos nosos compañeiros e compañeiras é unha das ventaxas que ten o ir camiñando ao cole. Aquí tedes o vídeo dos nenos e...
-
Comezamos un novo curso no que seguiremos tentando potenciar o noso Camiño Escolar Seguro para promover unha mobilidade sostible e segura. R...




