A finais do curso pasado elaborouse un proxecto para habilitar un espazo no que os nenos e nenas que accedan ao colexio en bicicleta ou patinete poidan aparcalos de forma segura dentro das instalacións do propio centro.
Pavimentarase a zona sen uso contigua ao portalón de entrada situado máis ao sur, deixándoa á mesma cota que o acceso ao patio do colexio e conservando a árbore existente. Eliminarase o acceso situado na esquina suroeste da parcela (que non está en uso) substituíndoo por un tramo de muro de peche das mesmas características que o existente.
Este proxecto precisaba da aprobación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, o informe favorable remitiuse ao concello de Sada a finais do mes de agosto. No mes de setembro trasladouse ao arquitecto municipal para que elaborara o seu. Estamos á espera do mesmo para que o concello inicie o proceso de contratación da empresa que se encargara da súa realización.
