lunes, 27 de octubre de 2025

Plan Proxecta

O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que promovan o traballo cooperativo, interdisciplinario e competencial, pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

Somo un dos centros seleccionados para participar na modalidade Mobilidade Sostible e Segura.




lunes, 20 de octubre de 2025

Novos materiais para o Camiño Escolar

Para este curso 2025 2026 temos novos materiais para os participantes no Camiño Escolar. Elaboramos brazaletas e bolsas fluorescentes que nos axuden a identificarnos cando estamos pola rúa. Unha vez que se remate coa súa fabricación e impresión procederemos ao seu reparto entre aqueles nenos e nenas que teñan unha participación asidua no Camiño Escolar.




lunes, 6 de octubre de 2025

A.N.C.A.S. minuto

 Aquí tedes os distintos itinerarios propostos para acceder camiñando ao colexio. Os puntos de encontro están sinalizados no chan. Algúns deles precisan de reposición, polo desgaste ou por ruturas, proximamente procederemos á súa  substitución.



Seguridade vial para nenos e nenas

 A seguridade vial ten multiples factores e cuestión importantes a ter en conta. Aquí tedes un pequeno vídeo no que podemos aprender un pouc...