lunes, 26 de mayo de 2025
Camiñando ao cole melloramos as nosas relacións persoais
Poder compartir tempo cos nosos compañeiros e compañeiras é unha das ventaxas que ten o ir camiñando ao cole. Aquí tedes o vídeo dos nenos e nenas de 5º B no que comparten connosco o seu pensamento.
jueves, 8 de mayo de 2025
Plan Proxecta: Obradoiros de habilidades en bicicleta
Dentro da participación do noso centro no Plan Proxecta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na modalidade de Mobilidade Sostible e Segura, o alumnado de 2º, 3º e 4º de educación primaria participou nuns obradoiros de habilidades en bicicleta nas pistas polideportivas do Paseo Marítimo de Sada para aprender os conceptos básicos para andar en bicicleta a través de exercicios básicos. Os obradoiros estiveron impartidos por técnicos de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.
Clica na imaxe para ver fotos e vídeos da actividade
Maís imaxes nos blogs de cada aula
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Os peóns
Coa posta en marcha do noso Camiño Escolar Seguro tentamos fomentar unha mobilidade sostible e seguro. Cando actuamos como peóns temos que ...
-
Os nenos e nenas de 2º de educación primaria lémbrannos que ademais de coidar o medio ambiente se acudimos ao colexio camiñando tamén facemo...
-
Dentro da participación do noso centro no Plan Proxecta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na modal...
-
O alumnado de 3º ciclo de educación primaria realizou no día de hoxe un circuíto de educación vial no que experimentaron en primeira persoa ...