martes, 17 de marzo de 2026

Visibilidade nos nosos desprazamentos

Cando desprazámonos como peóns polas rúas é moi importante estar visibles para os diferentes vehículos que podemos atoparnos. Os nosos brazaletes do Camiño Escolar Seguro axúdannos a logralo.








lunes, 9 de marzo de 2026

Talleres con Stop Accidentes

O alumnado de educación primaria participou nuns talleres  sobre educación vial da man de Guillermo e e Ángela, técnicos da Asociación Stop Accidentes https://stopaccidentes.org/

Esta iniciativa está enmarcada na posta en marcha do Camiño Escolar Seguro no noso centro, coa que pretendemos desenvolver un proxecto relacionado con cambios nos hábitos de desprazamentos cara a modelos máis seguros, activos e sostibles. 




lunes, 2 de marzo de 2026

Thisty 30

Thirty é un personaxe animado coa forma do corazón das Cidades30, coa que levar a seguridade viaria aos alumnos de Educación Primaria. Este recurso dixital da  Dirección Xeral de Tráfico plasma, dunha maneira animada, as condutas viarias correctas e incorrectas nos desprazamentos que fai un neno, xa sexa como peón, como usuario de bicicleta ou patinete, como pasaxeiro de vehículo privado ou transporte público…

Despois do talleres de educación vial que realizamos no centro incorporamos a Thisty para fomentar os hábitos de mobilidade sostible e segura.

Clica na imaxe para acceder ao contido web



lunes, 23 de febrero de 2026

Talleres de mobilidade sostible e segura

No día de hoxe tiveron lugar uns talleres impartidos por técnicos de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña para promover a creación de novos hábitos relacionados con cambios nos desprazamentos cara a modelos máis seguros, activos e sostibles tanto como peóns, ciclistas ou usuarios dos diferentes medios de transporte.
  1. “Taller de peón e pasaxeiro” para 1º, 3º e 5º, afondando cada vez máis nestes aspectos dependendo do curso.
  2. “Taller de bicicleta, pasaxeiro de autobús e código PAS” para 2º, 4º e 6º. Nestes cursos repasaremos os conceptos máis básicos de peón e pasaxeiro (uso do cinto de seguridade), e afondaremos no tema da bicicleta (elementos de seguridade, como circular, algúns sinais…), como subir e baixar do autobús, e o código PAS.





 



jueves, 12 de febrero de 2026

Entrega dos brazaletes

Hoxe realizamos a entrega dos primeiros brazaletes do noso Camiño Escolar Seguro aos nenos e nenas de 4º de educación primaria que están inscritos nel. Ao ser reflectantes aumentan a visibilidade de peóns, ciclistas e deportistas en condicións de pouca luz ou durante a noite. A súa función é reflectir a luz dos faros dos vehículos cara ao condutor, alertándoo da presenza dunha persoa a unha distancia moito maior.






viernes, 23 de enero de 2026

Parking para bicicletas e patinetes

A finais do curso pasado elaborouse un proxecto para habilitar un espazo no que os nenos e nenas que accedan ao colexio en bicicleta ou patinete poidan aparcalos de forma segura dentro das instalacións do propio centro.

Pavimentarase a zona sen uso contigua ao portalón de entrada situado máis ao sur, deixándoa á mesma cota que o acceso ao patio do colexio e conservando a árbore existente. Eliminarase o acceso situado na esquina suroeste da parcela (que non está en uso) substituíndoo por un tramo de muro de peche das mesmas características que o existente.

Este proxecto precisaba da aprobación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de  Galicia, o informe favorable remitiuse ao concello de Sada a finais do mes de agosto. No mes de setembro trasladouse ao arquitecto municipal para que elaborara o seu. Estamos á espera do mesmo para que o concello inicie o proceso de contratación da empresa que se encargara da súa realización.

viernes, 9 de enero de 2026

Os peóns

 Coa posta en marcha do noso Camiño Escolar Seguro tentamos fomentar unha mobilidade sostible e seguro. Cando actuamos como peóns temos que ter en conta moitas cuestións, neste enlace da Dirección Xeral de Tráfico tedes moita información que seguro que será de gran axuda.

Desde o Xabarín Club comparten un vídeo con consellos para o momento de cruzar a rúa.

Visibilidade nos nosos desprazamentos

Cando desprazámonos como peóns polas rúas é moi importante estar visibles para os diferentes vehículos que podemos atoparnos. Os nosos braza...